A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollía a pasada semana o I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s. A iniciativa, coordinada polo colectivo Derriba e integrada no proxecto europeo CampUSCulturae, puña sobre a mesa as perspectiva máis recentes que se desenvolven no noso país arredor da cuestión das culturas minorizadas. Unha colección de nomes pouco coñecidos ou que están a se facer oco no panorama cultural do país achegaron as súas propostas a este encontro.
"A historia do pensamento filosófico na Galiza, debido á súa situación periférica, moveuse sempre na dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo as grandes figuras do pensamento filosófico europeo que destacaban en cada época e a reivindicación dalgunhas figuras autóctonas que non sempre eran merecedoras do excesivo recoñecemento que recibiron. Malia todo existen experiencias e estratexias para subverter esta situación". Así comeza a presentación deste encontro pioneiro, que naceu a abordar o pensamento desde diferentes disciplinas coa intención de lle dar voz a iniciativas, activistas e investigadores que carecen en moitas ocasións de foro para dar a coñecer os seus traballos. Así, o encontro, a partir da situación da filosofía abordou "unha reflexión máis xeral sobre que significa e como funcionan os grupos culturais e lingüísticos minoritarios na súa interacción coas correntes e linguas predominantes. Trátase de pensar que tácticas de resistencia cultural poden poñer en marcha aqueles para resistir a unha situación de colonización cultural e loitar por unha interacción máis xusta coas correntes e grupos hexemónicos sen abandonar aquelas características que os definen como formas de vida orixinais e peculiares".
A idea
Segundo explica Fran Conde, profesor na Facultade de Filosofía e coordinador da iniciativa, a xestación do encontro "xorde a partir de dous eixes. Por unha banda, había un desexo de múltiples colectivos, sobre todo de ámbito galego, que nos coñecemos desde hai tempo e buscábamos un espazo común para nos reunir. Trátase de propostas multidisciplinares que traballan desde a filosofía, o pensamento, a poesía, o software, a arte ou a danza", explica. "A idea, aínda que organiza un colectivo dedicado á filosofía, é que se pode pensar desde diferentes ámbitos". Canda a isto, conflúe o proxecto CampUSCulturae da Universidade de Compostela. "Trátase dun proxecto europeo coordinado por Xosé Neira Cruz, centrado na difusión da cultura, a educación e o audiovisual, no marco do cal se desenvolve o encontro. Isto marcou a orientación do evento de cara ás culturas minorizadas, que é un tema que xa nos preocupaba". A perspectiva de centrar un evento destas características nos novos pensadores e pensadores obedece, segundo o coordinador a "que a xente nova, entendida como tal calquera que se considere novo, é a máis necesitada dun espazo para pensar e difundir o seu traballo. Falamos de persoas que non atopa oco nas institucións ou que non lle apetece traballar desde elas, pero que tamén ten gana de que se escoite o seu labor cultural".
Temas
A partir da experiencia do encontro e das comunicacións recibidas para o mesmo, Conde apunta que "houbo unha reflexión máis conceptual sobre unha serie de cuestións. Ámbitos como subalternidade, periferia, empoderamento ou minoría son cuestión que centraron o debate máis teórico. Logo, nos obradoiros, tratáronse cuestións máis aplicadas, como pensar que acontece co feminismo en Galicia desde ámbitos máis concretos como a filosofía ou a poesía. Tamén se presentaron novos xeitos de organización do pensamento, como é a Universidade Invisible, o propio Proxecto Derriba, o Teatro Resoante ou Galiza Imaxinaria". En xeral, nas xornadas da pasada semana "desde unha perspectiva galega tratáronse problemas que toda cultura minorizada ten que enfrontar, xa desde a conferencia inaugural que tratou o celtismo como política e práctica cultural en Galicia e en Portugal".
Evolución
O feito de que boa parte destes movementos e investigadores conten xa con varios anos de traballo permite abordar unha primeira achega á evolución do novo pensamento galego. Para Conde "a ilusión, as ganas, as ideas, a orixinalidade e a creatividade están a un cento cincuenta por cento. Ademais, estamos nun momento político peculiar, e a cultura non se pode separar da política. Nese sentido detéctase un certo optimismo xeral. O problema, no entanto, continúa a ser a falta de medios. Falamos de propostas que se desenvolven no tempo libre e sen retribución, e iso resulta limitante". En concreto apunta como "algúns colectivos poden terse visto abocados a concentrar a súa enerxía en organizar cursos de actividades que permitan obter recursos para seguir subsistindo. E isto vai en detrimento do que deberían ser espazos para se reunir e pensar de xeito colectivo". Como unha crítica, que tamén se abordou en relatorios desde o propio encontro, o coordinador recoñece que "Semella que por ser de aquí xa se etiquetan os proxectos como inferiores aos foráneos. Este prexuízo vese especialmente nas institucións, que continúan a pensar que o que vén de fóra é mellor. E isto debería compatibilizarse coa atención á xente nova que fai cousas e pensa desde aquí mesmo".