Tres de agosto de 1934. Galicia prepárase para a visita do presidente Niceto Alcalá-Zamora. A prensa informa tamén da morte do mariscal Hindenburg, presidente da República de Weimar, e de como Hitler se fai con todos os poderes do Reich. Pero a actualidade política mundial e española comparten protagonismo nas primeiras planas galegas co XIV Congreso da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias, que trae a Santiago a máis de 300 congresistas. Ese día o encontro contará cun convidado de primeira orde: Erwin Schrödinger, o primeiro premio Nobel que visita Galicia, quen cadrará nesta cita cunha morea de intelectuais galegos. Dous días despois, unha excursión dos congresistas ao Pazo de Oca rematará en traxedia. Pero por fortuna para a historia da física Schrödinger non será o protagonista deste fatal final.
A viaxe de Schrödinger a Santiago de Compostela comezou a xestarse un ano antes, cando xa tiña decidido que abandonaría a Universidade de Berlín pola de Oxford para escapar da cada vez máis asfixiante atmosfera nazi. Foi nunha das conferencias Solvay, os congresos que dende 1911 reunían os máis brillantes científicos da época. A que se fixo máis célebre na historia sería a quinta, a de 1927, na que 17 dos 29 convidados eran ou foron despois premios Nobel, entre eles o propio Schrödinger, laureado pola ecuación que leva o seu nome, peza central na teoría da mecánica cuántica. Pero a relevante para esta historia é a de setembro de 1933, na que coñecería a Blas Cabrera, o pai da física española.
O científico canario foi o primeiro físico do Estado en participar nos selectos encontros Solvay, a proposta de Einstein e Marie Curie en recoñecemento ás súas relevantes achegas ao campo do magnetismo, e no primeiro no que cadraría con Schrödinger arrincaría entre eles unha estreita amizade. Uns meses despois, Cabrera foi nomeado reitor da Universidade Internacional de Verán de Santander e convidou o Nobel a impartir un curso nela. E aproveitando a ocasión, este acompañou antes o seu colega ao Congreso da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias, e mesmo impartiu nel unha charla sobre a mecánica ondulatoria apoiando o seu atril nunha caixa coa cruz de Santiago.
A pegada de Cadarso
A Universidade de Santiago de Compostela acollería o encontro no momento de maior esplendor da investigación galega, só uns meses despois da morte do reitor Alejandro Rodríguez Cadarso, artífice dun importante paso na consolidación dunha comunidade científica e da súa apertura ao mundo. O avance apoiaríase tamén na Junta de Ampliación de Estudios (JAE), que no período 1931-1936 incrementou de forma salientable o número de galegos que percibiron bolsas para completar a súa formación no estranxeiro -ata chegar aos 25-, moitos deles da Facultade de Ciencias. Pero o congreso pasaría "desapercibido" para os investigadores deste centro, posiblemente, suxire o historiador Ricardo Gurriarán, polo carácter conservador que tomara a sociedade convocante e polo enfrontamento ideolóxico, en pleno Bienio Negro, entre o sector experimental máis dinámico e profesores de Filosofía e Dereito cun peso importante na xuntanza, como o máis adiante reitor Carlos Ruiz del Castillo.
A cita quedou en calquera caso sen a participación activa dalgúns dos nomes máis sobresaínte da intelectualidade compostelá. Como Fernando Calvet, quen protagonizara en 1929 un dos fitos da historia da alma máter galega ao asinar xunto a un premio Nobel, o de Química de 1927, Heinrich Otto Wieland, dous traballos que viron a luz no propio Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela. Ou como Isidro Parga Pondal, quen podería ter coñecido a Schrödinger, engade Gurriarán, durante a estadía que fixo en 1932 na Escola Técnica Superior de Berlín cunha bolsa do consorcio Industria Española de Cementos.
Porén, outros destacados membros do Seminario de Estudos Galegos, como Filgueira Valverde, Cuevillas ou Otero Pedrayo si se involucraron de cheo nun congreso no que a cultura galega protagonizou unhas sesións en pé de igualdade cos últimos avances internacionais en distintas disciplinas. A ocasión sería aproveitada ademais polos poderes locais para o fomento do turismo e mesmo reivindicar a declaración de Santiago de Compostela como Monumento Artístico Nacional.
Convidado de interese secundario?
Nesta Compostela entregada ao acollemento dos congresistas, a intervención dunha das figuras clave na revolución que viviu a física no primeiro terzo do século XX non foi para a prensa da época o acto destacado do venres 3 de agosto no XIV Congreso para el Avance de las Ciencias, quizais por mor dun aviso tardío da súa presenza. La Voz de Galicia avanzaba na edición do día seguinte o protagonismo que tería Ortega y Gasset na nova xornada, que se desenvolvería na Coruña, e limitábase a apuntar en dúas liñas que xa actuara "el profesor francés M. Sehroedinfer (sic)". Na edición do domingo si incorporou a fotografía da súa conferencia, mais sen afondar no asunto e de novo con tropezos ortográficos no nome do profesor austríaco, coñecido tamén pola súa vida persoal pouco convencional: Schrödinger instalárase en Oxford coa súa esposa, Anne Marie, e con Hilde March, a muller dun colega que acababa de convertelo en pai por primeira vez.
El Eco de Santiago elixía para a portada do 4 de agosto o paso polo congreso dun heroe galego, o capitán Iglesias, o aviador ferrolán de sona internacional ao que o goberno da República lle encargara o proxecto de expedición ao Amazonas, e a intervención de Schrödinger quedaba relegada no xornal compostelán ás páxinas interiores.
A contraportada de El Pueblo Gallego dese mesmo día tamén recollía con amplitude o congreso, e tamén deixaba a Schrödinger nun plano secundario, sen dar conta real da súa charla e falando del exactamente coas mesmas palabras ca El Eco de Santiago:
"SECCIÓN DE FÍSICA Y QUÍMICA Disertó ayer en esta sección el insigne premio Nobel, profesor Schrodinger, a quien sus ecuaciones diferenciales interpretativas de las teorías mecánico ondulatorias, así como sus matrices curicas (sic) harían suficientemente famoso, si otros muchos trabajos no hubieran conseguido hacerlo destacar.
A su simpatía personal une el joven sabio la especial de verse exilado del país que le vio nacer por los bárbaros odios de raza que no se detienen ante las cumbres de las ciencias.
Tan solo en esta crónica daremos brevemente la nota periodística de la emoción enorme que produjo la presencia de este sabio en el auditorio que ayer le escuchó en la Sección tercera".
Santalices tocando a gaita no XIV Congreso da Asociación para el Progreso de las Ciencias. Foto: Ksado
El Pueblo Gallego preferiu deterse na conferencia sobre os horizontes da puericultura do decano da Facultade de Medicina de Oporto, Sr. Almeida Garret, e na da evolución da música galega dende o século XII de Faustino Santalices, inmortalizado tocando a gaita e a zanfona en dúas imaxes de Ksado.
Da romería compostelá á Semana Grande da Coruña
Máis atención mereceu ao día seguinte a conferencia do seu colega Blas Cabrera na xornada desenvolvida na Coruña, xusto o día que a cidade iniciaba a súa Semana Grande e se enchía de turistas británicos coa escala no porto do correo inglés Mongolia. Se o Nobel o acompañou nesta cidade ou non é algo do que a prensa non deixou constancia, pero é de supoñer que si o fixo: Schrödinger era un apaixonado da filosofía e ese mediodía estaba prevista a intervención de Ortega y Gasset, de cuxa admiración deixaría constancia anos despois no libro Que é a vida?, onde compartiría a súa crítica á "barbarie do especialismo" na ciencia.
Pero para cadrar co filósofo tería que agardar. Este chegaría a Galicia un día tarde e no seu lugar o público congregado no teatro Rosalía de Castro escoitaría ao propio Cabrera, a Otero Pedrayo, ao historiador Rafael Altamira e ao vizconde de Eza, presidente da asociación organizadora. Daquela o investigador austríaco aínda non falaba español, pero tiña coñecementos de latín, francés e italiano que lle terían permitido seguir estas e outras intervencións.
Seguindo o programa do que si dá conta a hemeroteca, pódese presupoñer tamén que o Nobel tería desfrutado en Santiago dunha festa de benvida, organizada polo Concello na Praza da República (o Obradoiro), amenizada polo coro ourensán De Ruada e co carácter "de una verdadera romería gallega". E esa mesma noite podería ter coñecido ao arquitecto Antonio Palacios, homenaxeado no Pazo de Raxoi nun "simpatiquísimo acto" no que se lle fixo entrega dun pergamino trazado por Camilo Díaz como mostra de agradecemento da cidade polo seu proxecto da nova Rúa de Galicia.
Un domingo tráxico
Schrödinger podería ademais ter charlado con Filgueira Valverde, Otero Pedrayo ou o presidente da sección de ciencias naturais do Seminario de Estudos Galegos e daquela vicerreitor da Universidade, Luis Iglesias, entre moitos outros nomes destacados da cultura galega da época. Podería ter visto o Botafumeiro abaneado polos tiraboleiros e ter bailado nunha "Garden Party" ofrecida polo Sporting Club da Coruña. E podería ter estado tamén o domingo 5 de agosto de 1934 no Pazo de Oca xusto no tráxico momento en que se afundiu o chan dun salón.
Parte dos congresistas quedaron ese xornada de ocio en Santiago polo mal tempo, pero na excursión polo Val do Ulla participaron así e todo uns 250. Algúns detivéranse antes no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e outros continuaron ata Oca. Pero cal foi a opción de Schrödinger? Quedou en Compostela ou no pazo de Vedra? Aproveitou o día para algunha outra excursión pola súa conta? Ou foi unha das preto de cen persoas que caeron ao piso inferior ao vencer a metade do chan do salón no que os marqueses de Camarasa mandaran preparar un bufete para os convidados?
O único que semella posible afirmar con rotundidade é que o Nobel non formou parte da listaxe do case medio cento de mulleres e homes que resultaron feridos. Entre os que si o foron, estaban o cura de Oca, o director do Instituto de Santiago, Vicente García Rodeja, e Manuel Lora Tamayo. O químico, que nos anos 60 sería ministro de Educación e presidente do CSIC, tería que permanecer varios meses ingresado nun centro sanitario santiagués e quedaría coxo como consecuencia do accidente. Outros congresistas sufrirían amputacións de extremidades, pero a peor parte foi para María Luisa Gómez, profesora da Escola Normal de Vitoria, quen perdeu a vida.
O tráxico episodio provocou a suspensión do congreso, que debería rematar por todo o alto uns días despois no teatro García Barbón de Vigo coa intervención de Gregorio Marañón e o presidente da República. Schrödinger, pola súa banda, partiu cara a Santander e deu seis conferencias que serían transcritas e publicadas polo filósofo Xavier Zubiri. Meses despois, na primavera de 1935, o mesmo ano que desenvolveu o seu célebre paradoxo do gato que está morto e vivo ao mesmo tempo, regresou a España coa súa esposa. Nun pequeno BMW, os dous percorreron uns 8.000 quilómetros de norte a sur, pero xa non volvería a Galicia. E nunca o faría. Blas Cabrera e outros colegas exploraron a posibilidade de conseguirlle unha cátedra na Universidade de Madrid, mais a evolución política en España impediu que a idea prosperase. Pouco despois o propio Cabrera e moitos outros investigadores españois e galegos convertíanse, coma el, en científicos exiliados.

Calvet asinara en 1927 por primeira vez na historia compostelá un traballo cun Nobel no boletín da Universidade
Destacados galeguistas implicáronse na organización do congreso, pero outros como Parga Pondal quedaron á marxe

A cultura galega protagonizou sesións en pé de igualdade cos últimos avances da ciencia

O fatal desenlace do congreso, cunha falecida e medio cento de feridos, provocou a súa suspensión