Nin as series de ficción son quen de escapar ao gran trebón mediático da visita de Bieito XVI a Compostela o sábado. Este luns pasado, a serie Padre Casares da TVG ficcionalizaba a visita do Papa a Compostela e levaba aos veciños de Louredo en excursión ata Compostela para participar no evento. É só unha mostra dun amplo número de actos a favor e en contra da visita do Pontífice co gallo do Xacobeo 2010.
Desde o punto de vista institucional, a Xunta creou unha serie de actividades paralelas que complementan a visita papal. A mostra Sucesores de Pedro en Galicia, inaugurada na igrexa da Universidade de Santiago, amosa coas imaxes do fotógrafo Manolo Blanco, as diferentes visitas papais a Galicia: as de Xoán Paulo II en 1982 e 1989 ou a de Xoán XXIII cando aínda era cardeal. E a Consellaría de Cultura tamén presentou outra exposición na Fundación Torrente Ballester de Compostela: Roma Settecento. Centro de peregrinación e cultura, no que explica o papel reitor que a cidade desenvolveu no Século das Luces en Europa. A Xunta tamén financiará un concerto para os voluntarios que participarán no evento: será no multiusos do Sar o día 6 pola noite e o dará Hombres G. Pero a véspera, o venres 5, tamén haberá concertos. Ás 19:00, no colexio Lasalle, haberá un espectáculo con cantautores e no Teatro Principal haberá outro concerto gratuíto titulado O espírito da música, centrado no xénero musical do gospel.
A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, participará na celebración litúrxica de Obradoiro, engadíndolle a parte musical. Zumalave encargou, ademáis, unha obra orixinal que se estreará na cerimonia. Foi elaborada "de maneira desinteresada" polo compositor Juan Durán, "co texto en galego". O director da Real Filharmonía enfatizou que a obra é "unha chiscadela a un deseño medieval" vinculado ao Códice Calixtino.
A outra banda
Numerosos colectivos organizaron tamén para estes días unha programación alternativa á visita papal, moitas veces chea de humor. O grupo Seioque Nos Figestes organiza Caminho A_Teu, un roteiro que levará ata este concello da área compostelá onde se celebrarán concertos, humor, maxia e unha comida popular. Por certo, que entre os grupos musicais participantes, estará Novedades Carminha, que estes días estrea videoclip gravado no Obradoiro do tema Santiago Apóstol. O tema inclúe frases como a seguinte: "Ya lo sabes, soy gallego, amor. El Año Santo va en el corazón".
A revista de humor Retranca tamén denunciou estes días o secuestro da súa revista polo impresor valenciano que a editaba, debido á súa portada crítica con Bieito XVI. Pero a revista chegará aos quioscos. Segundo o blog de Retranca, a revista estase a imprimir e "sairá en breve".
Concertos tamén haberá na Sala Capitol de Santiago. Este xoves, Greg Dulli, "o Máximo Pontífice da Igrexa do Soul Rock", impartirá unha "catequese maxistral desde o seu púlpito". O concerto de Greg Dulli celebrarase ás 21:00 h.