Retranca denuncia o secuestro do seu número sobre o Papa

O dono da imprenta négase a entregar os exemplares xa impresos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do número de Retranca dedicado á visita do Papa

Capa do número de Retranca dedicado á visita do Papa

O número que a revista humorística Retranca lle vai dedicar á visita do Papa a Santiago podería non chegar aos quioscos. O dono da imprenta Jiménez Godoy, en Murcia, comunicoulle ao director da publicación, Kiko da Silva, que non lle entregará os exemplares xa impresos. Como causa, o responsable sinalou, segundo Da Silva, que non o fai por ir en contra das súas conviccións morais. Desde Retranca anuncian que outra imprenta está xa a traballar para unha nova tiraxe do número. Da Silva presentara precisamente onte no Salón do Cómic de Cangas o novo número da publicación e convocara para o vindeiro sábado 30 unha festa para celebrar o terceiro cabodano da mesma.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Chega Fiz

Chega Fiz

Retranca Edicións lanza unha revista de banda deseñada infantil con edicións en galego e en castelán

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Kiko da Silva, Cómic, Murcia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares