Retranca chega ao 11 e anuncia festa

A publicación celebrará o seu cabodano o 31 de outubro

8/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O "outono cultural" protagoniza a capa do número 11 da revista Retranca, que retoma a súa actividade logo do descanso de setembro. O director, Kiko da silva, anuncia tamén que o vindeiro día 31 de outubro celebrarase, no Café Moderno de Pontevedra, o I Cabodano da publicación, xa que "fai un ano moitos crían que a Retranca estaba morta e que a nosa revista duraría dous telexornais". A coincidir co evento, Retranca Editora abrirá a súa nova sede na Rúa Peregrina desta mesma cidade.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Kiko da Silva, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares