Nace “Retranca”, unha nova revista de humor galego

Retranca no quiosco

24/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Coa intención de recuperar a tradición humorística do noso país e coa Compaña coma mascota chega aos quioscos a revista “Retranca”. A publicación, dirixida polo debuxante Kiko da Silva, preséntase o vindeiro xoves 31 de outubro no Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, e lánzase con 8.000 exemplares que se distribuirán mensualmente a 2,20 euros cada un. O proxecto conta con colaboracións de Miguelanxo Prado, Manuel Rivas, Alberto Guitián, Pinto e Chinto e Xaquín Marín entre outros.

Máis información na ficha da publicación e en Entrecómics

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Humor, Chinto, Xaquín Marín...