A rede achéganos estes dÃas un par de citas para axenda e mais unha entrevista. Por unha banda, confÃrmase a presenza dunha exposición de Tirso Cons no salón madrileño Expocómic, que se desenvolverá entre o 29 de novembro e o 2 de decembro. Máis próxima queda a segunda presentación da revista de humor gráfico “Retranca”, que se desenvolverá na compostelá librarÃa Couceiro o mércores 22 de novembro ás 20 horas. Precisamente en Zona Negativa podemos ler unha ampla entrevista co seu director, Kiko da Silva.
Máis sobre Expocómic en Entrecómics; a presentación de Retranca no web da revista; a entrevista de Zona Negativa