Os medios recollen a resposta de BD Banda a Feijóo e referencias a Tirso Cons e Alberto Vázquez

Redada: Polémica e citas

15/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Asociación Cultural BD Banda publicaba onte un comunicado polo que lle reclamaba ao presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoo, “un respecto” para a banda deseñada. Feijoo calificara a situación do goberno autonómico coma “un cómic”. Ao tempo, esta fin de semana atopamos en “El Correo Gallego” unha longa entrevista a Tirso Cons, mentres no “Diario Montañés” unha crítica sitúa a Alberto Vázquez coma un dos autores máis destacados do panorama estatal. Para rematar, chéganos a nova do lanzamento do terceiro número da revista “Retranca”.

Máis información no web de BD Banda; entrevista a Cons en El Correo Gallego a crítica a Vázquez no Diario Montañés; a nova Retranca no web da revista

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Retranca, Alberto Vázquez, El Correo Gallego...