Tirso Cons inicia xira por Francia e Bélxica mentres chega “O castelo regadeira” e o segundo número de “Retranca”

Presentacións internacionais

7/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Librarías de París, en Francia, e de Mons, Waterloo e Wavre en Bélxica acollerán entre os días 13 e 16 deste mes as presentacións que fará o debuxante Tirso Cons do primeiro volume da obra “Le manoir des murmures”. Nas presentacións, ademais, porase á venda un caderno de bosquexos de tiraxe limitada. Máis preto, en Compostela, o vindeiro xoves 13 ás oito da tarde o Casino acollerá a presentación do volume “O castelo regadeira” de Norberto Fernández. Para rematar o lote, o vindeiro día 16 o revista “Retranca” presenta en Ribadavia o seu segundo número.

Máis información en blog de Cons e no blog de Retranca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Castelo, Francia, Bélxica...