Ourense acolle a exposición sobre os 25 anos do Carrabouxo e mais a presentación de "Retranca"

Citas en Ourense

9/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Continúan os actos que conmemoran os vinte e cinco anos de existencia do Carrabouxo. Este popular personaxe de humor gráfico protagoniza, ata o vindeiro 29 de xaneiro, unha exposición no Ateneo de Ourense. En total son cen deseños orixinais de Xosé Lois que se poderán ver e adquirir por 250 euros cada un. Na mesma cidade, este venres, ás seis da tarde, a libraría Torga acolle a presentación do terceiro número da revista “Retranca” coa presenza do seu director, Kiko da Silva.

Máis información sobre o Carrabouxo en Galiciae; web de Retranca

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Ourense, Kiko da Silva, Humor

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares