Rubín e Prado visitan as xornadas de Ávila mentres “Retranca” segue a súa xira por Barcelona e Lugo

Ávila, Lugo, Barcelona

28/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O II Encontro co Cómic de Ávila, que se celebra a vindeira semana, contará coa presenza dos galegos David Rubín e Miguelanxo Prado. Prado falará da súa experiencia coma animador e autor de BD nunha mesa redonda dedicada á relación entre estas dúas artes. Pola súa banda, Rubín participará noutra mesa sobre banda deseñada e videoxogos. Ao tempo, a revista “Retranca” continúa a súa xira de presentación. O vindeiro sábado a cita será na galería Sargadelos de Barcelona, coa presenza do director, Kiko da Silva, e mais do colaborador Alberto Guitián. O día sete será a galería homónima de Lugo quen acolla a presentación desta publicación centrada no humor gráfico.

Máis información no blog de Ferrán González; e no da Revista Retranca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Barcelona, Lugo, Galería...