Chega Fiz

Retranca Edicións lanza unha revista de banda deseñada infantil con edicións en galego e en castelán

29/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
51 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Fiz número 1

Cinco mil exemplares en galego e dez mil en castelán distribuídos cada dous meses en quioscos e dirixidos para os máis novos. Esta é a aposta que fai Retranca Edicións con Fiz a nova revista de banda deseñada que presentará no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Na súas 36 páxinas podemos atopar traballos de Kiko da Silva (director da iniciativa) que recupera o personaxe que lle dá título ao proxecto, canda a outros autores galegos como José Domingo e Fernando Iglesias ou Víctor Rivas así como colaboradores foráneos da talla de Albert Monteys, Mel, Edgardo Carosía e Diego Arandojo, Jali, Alex Fuente e Busquets, Jorge García e Sagar e mais textos de Manuel Lourenzo. O proxecto, que entra en imprenta a finais desta semana, chegará aos quioscos a mediados do vindeiro mes de abril.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados