Compostela celebra o primeiro encontro steampunk de Galicia

Actuacións, bailes, un desfile e outros actos prolongaranse ao longo de todo o sábado

Cartel de <i>L'extraordinaire Uchronie</i>
Cartel de L'extraordinaire Uchronie
Demostracións de esgrima, un pic-nic, un xogo de rol, baile, unha ultranoite, visita á Casa da Troia... O primeiro encontro steampunk de Galicia, que se celebra mañá en Compostela, presenta un programa que abrangue todo o día. Baixo o título de L'extraordinaire Uchronie os participantes tentarán recrear como podería ter sido a cidade de continuar a evoluír a tecnoloxía a vapor e conmemoran unha posible visita de Julio Verne á cidade do apóstolo. O evento continúa a estela iniciada o pasado ano pola marcha Imperial Stormtrooper, na que os participantes se caracterizaron de personaxes de Star Wars.