A colaboración do Concello co colectivo Proyecto-13 permitiu organizar a que será a maior partida de rol en vivo que se realizou en Galicia. Na noite do 29 ao 30 de abril as rúas de Compostela encheranse de quiñentos vampiros (simulados) no marco da partida de rol en vivo “O Concilio da Sombras”. Os participantes neste evento, que continúa a partida realizada o pasado ano co tÃtulo “Legado de Sombra”, deberán buscar pola zona histórica as claves que se ocultan en nove portas e finalmente localizar un obxecto agochado na cidade. Todo isto desenvolverase cos participantes asumindo o papel de diferentes personaxes non-mortos e coa colaboración de diferentes locais da cidade, onde se desenvolverá parte da acción.
Máis información en El Correo Gallego e no web de Proxecto 13