En pleno Xacobeo, no marco da Presidencia española da Unión Europea, unha delegación da comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo visita Santiago de Compostela. Durante os dÃas 27 e 28, a comitiva formada por doce persoas entre as que destaca o vicepresidente desta comisión parlamentaria, Morten Løkkegaard (ALDE-Dinamarca), coñecerá de primeira man elementos destacados do patrimonio e da cultura galega como o pórtico da Gloria ou a Cidade da Cultura. Ademais, os eurodeputados entrevistaranse coas principais autoridades educativas e culturais do paÃs.