O Parlamento Europeo eloxia a Cidade da Cultura pero non achega financiamento

Impulsa con 600.000 euros un proxecto piloto para percorrer o camiño de Santiago en bicicleta

29/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A visita dunha delegación de eurodeputados da comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo serviu para darlles a coñecer dous dos proxectos máis destacados a nivel cultural: a cidade da Cultura e o Xacobeo. Para o segundo, o vicepresidente desa comisión, Morten Løkkegaard, explicou que o Parlamento concedeu 1.800.000 euros para accións transfronteirizas que xa se estaban a realizar, como a exposición de Xelmírez que está de xira por Europa. Ademais, anunciou o investimento de 600.000 euros para desenvolver un proxecto piloto que permita crear unha ruta específica para bicicletas e que sirva, ademais, para apoiar o turismo sostible. En canto ao proxecto da Cidade da Cultura, Løkkegaard eloxiou a súa ambición pero tamén aclarou que o Parlamento non ten acordado ningunha partida financeira para esta infraestrutura.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Turismo, Xacobeo, Educación...