O Salón Teatro acolle a estrea de Bilingüe

A obra bota a andar o Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia

17/6/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
2 lecturas | Compartido 0 veces

A colaboración de tres escolas de teatro de Lisboa, Porto e Vigo (ESAD), os teatros nacionais D. Maria II e São João de Portugal e mais o Centro Dramático Galego deron pé á primeira obra producida no marco do Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia. Bilingüe que así se titula a produción, comeza a súa andaina nos escenarios coa estrea esta mesma noite no Salón Teatro de Compostela. A montaxe, dirixida por Pedro Penim, busca "afondar na identidade galaico-portuguesa" mediante "a confrontación de linguas". A sinceridade, o cinismo e o amor preséntanse como temas centrais nun proxecto que bebe de correntes posmodernistas.
Logo da estrea de hoxe, a obra poderá verse ás 21.00 horas de mércores a sábado e ás 18.00 horas o vindeiro domingo. Está previsto que o proxecto NÓS continúe en 2016 cunha nova produción liderada polo Centro Dramático Galego, que contará cunha dramaturxia de Fernando Epelde e a dirección de Tito Asorey.

Universo culturagalega.gal