Tal e como anunciara na presentación da temporada, o Centro Dramático Galego estreará o vindeiro 1 de xuño O mundo persistente. Germán Álvarez, João Cachola, Marta Dias, Hugo Olim, Tamara Urbano e Vicente Wallenstein levana escena o texto de Fernando Epelde baixo a dirección de Tito Asorey. A obra supón a segunda proposta do Proxecto Nós Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia, que promove o intercambio neste campo co Alén Miño. Segundo explica a presentación do espectáculo, "Vinte minutos no mundo persistente equivalen a un día no mundo real. No espazo entre estas dúas medidas transcorren as vidas dos mozos protagonistas desta historia, que adoitan falar sempre entre eles enmarcados en pantallas, sen compartir espazos físicos". A obra poderá verse ata o 5 de xuño no Salón Teatro de Compostela e continuará despois xira polo Porto e Lisboa.
En paralelo, o Centro Dramático Galego acaba de convocar o proceso de selección para o elenco de Tartufo, a que será a súa única produción propia desta temporada. A entidade busca dez actores e actrices para a montaxe, dous para interpretar os protagonistas e outros oitos para outros papeis. Os interesados teñen martes 7 de xuño para presentar as súas solicitudes.