O curto percorrido vital da actriz Manuela Rey (Mondoñedo, 1842 - Lisboa, 1866) é unha historia por descubrir para entender como esta muller, nacida dunha familia humilde da vila luguesa chegou a converterse en actriz recoñecida do Teatro Nacional D. María II na capital lusa e gran estrela da súa época. Esta peculiar historia persoal vencellada ao teatro é hoxe a que inspira a nova montaxe do Centro Dramático Galego en coprodución con Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional D. María II de Lisboa e Teatro Nacional São João do Porto. Así as institucións teatrais de Galicia e Portugal únense na recuperación da historia desta muller singular. A montaxe 'Manuela Rey Is In Da House' inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11. Poderá verse en marzo de 2024 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Todo o equipo volverá así á capital de Galicia, xa que a nave de servizos artísticos da Axencia Galega das Industrias Culturais acolleu nas últimas semanas gran parte do período de ensaios previos á estrea portuguesa.
O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, asina a dirección escénica e a dramaturxia desta proposta, na que a conexión galego-portuguesa se reflicte tanto na composición dos equipos artístico e técnico como na propia temática da peza. Pola banda galega, Mariana Carballal, Raquel Crespo e Xosé Lois Romero, quen asina tamén a música, integran o elenco do espectáculo xunto aos intérpretes portugueses Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá e Teresa Vieira. Estarán acompañados en escena pola arqueóloga do INCIPIT/CSIC Paula Ballesteros, responsable á súa vez da investigación histórica. Pedro Azevedo deseñou o vestiario e a escenografía, realizada polos técnicos do Centro Dramático Galego, mentres que Nuno Meira se encargou da iluminación. O equipo de 'Manuela Rey Is In Da House' complétase coas achegas de Neto Portela e Guilherme de Sousa nos apoios á creación e ao movemento, respectivamente, e a colaboración especial de Paula Mora, actriz residente no Teatro Nacional D. María II. A partir de textos de Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Ernesto Marecos, Manuela Rey, Paula Ballesteros, Sousa Bastos, Xaquín Núñez Sabarís e o propio elenco, o espectáculo tenta reconstruír a memoria arredor da actriz e escritora alcumada "a muller lirio", nada nunha casa de aldea de Mondoñedo en 1842 e falecida aos 23 anos na capital lusa.
Unha historia con misterios e rumores
Rodeada de misterio, a historia da súa vida chega á actualidade a partir de fragmentos soltos e contraditorios. Unha das teorías arredor dela sostén que con seis anos foi entregada pola súa familia a unha compañía teatral itinerante coa que percorreu León, Palencia e numerosas localidades portuguesas antes de chegar a Lisboa, onde Manuela Rey triunfou no Teatro Nacional Dona María II. Ademais de brillar en escena, existen referencias de que escribiu tamén algunhas obras como a comedia 'A actriz ou proverbio Por este deixarás pae e mãe'. En canto á súa vida persoal, na capital lusa circulaba o insistente rumor de que o rei Pedro V quedara prendido da galega e, posteriormente, o dramaturgo J. A. Correia de Barros e o xornalista Francisco Serra chegaron a se bater en duelo por ela.