O Pazo de Tor fai dialogar pasado e arte contemporánea nunha nova mostra

A exposición rematará o 28 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
O Pazo de Tor fai dialogar pasado e arte contemporánea nunha nova mostra

O sábado o monfortino Pazo de Tor acolleu a inauguración da mostra "Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido", comisariada por Chus Martínez e na que participan destacados artistas contemporáneos como Mónica Alonso, Marta Bran, Mónica Cabo, Bosco Caride, Clara Cerviño, Andrea Costas, David Crespo Fernández, Victoria Diehl, entre outros. A escritora Anxos Sumai realizará os textos do catálogo. "É unha proposta ideada coa intención de fuxir dos espazos e canles convencionais destinados á arte contemporánea, seguindo a estela de importantes experiencias realizadas na Casa de García Lorca en Málaga ou a casa de Sigmund Freud en Viena", sinala Chus Martínez. A mostra poderase ver ata o 28 de xullo.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Costas, Anxos Sumai, Lorca, Mónica Alonso...