Mónica Cabo inaugura o ciclo Problemáticas no MARCO

A súa mostra There Will Be a Sea Battle Tomorrow pode verse ata o 26 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Mónica Cabo, Y así se hizo cuando murió, 2015. 102x152 cm

Mónica Cabo, Y así se hizo cuando murió, 2015. 102x152 cm

Desde esta tarde e ata o vindeiro 26 de xuño pode verse no anexo do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a exposición There Will Be a Sea Battle Tomorrow. Mónica Cabo amosa catro pezas "que existen nunha eventualidade que actúa fóra, contra e desde cada obxecto. A escultura, unha bicicleta ensimesmada na súa duplicidade especular; o vídeo coa escena dun secador pendurado do seu cable que bate de lado a lado cando se activa; o andamio, instalado sobre pequenas peañas de madeira, serve de corpo para colgar un pano de tea". O título da mostra, tomada dunha proposición de Aristóteles, xoga coa idea da posibilidade e do futuro continxente. A coincidir coa exposición, a artista protagonizará un coloquio coa comisaria, Chus Martínez Domínguez, as 19:30 horas desta tarde.

A mostra inaugura o ciclo Problemáticas. Artistas no relato incompleto que comisaria Chus Martínez Domínguez e que pretende reflexionar, a través do traballo de cinco creadoras de distintas disciplinas e xeracións, sobre "os espazos nos que demasiadas veces operan as creadoras; nas marxes, na resistencia, nos cantos do sistema". Pascuala Campos de Michelena e Ana Gallego Palacios, Xisela Franco e mais Elena Blasco serán os outros nomes que protagonizan o proxecto.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A arte da destrución

A arte da destrución

O Museo do Mar amosa os traballos de Baltazar Torres sobre os desastres ambientais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Xisela Franco

Claves

Protagonistas
Lugares