Os artistas plásticos reúnense en Mariñán

Esta fin de semana celébranse os VII Encontros coas Artes

28/5/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

A Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA) celebra esta fin de semana o seu encontro anual no Pazo de Mariñán, onde cincuenta membros da entidade e convidados participan nun proceso de creación colectiva e individual, pintando e fotografando durante toda a fin de semana. O sábado e o domingo están considerados xornadas de portas abertas, para que calquera intersado poida coñecer aos artistas e o seu proceso de traballo.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves