Nico Campos é o novo presidente dos Guionistas

Substitúe a Carlos Ares na presidencia da Asociación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Membros da nova directiva AGAG

Membros da nova directiva AGAG

Nico Campos Ripoll acaba de ser elexido novo presidente da Asociación Galega de Guionistas, AGAG, sustituindo a Carlos Ares. Nesta nova etapa o recén elexido Nico Campos afirma que "de seguro colaboraremos entre todos para tratar de mellorar o noso sector" e agarda que "poidamos conseguir que a asociación siga medrando forte e sana". Tamén quixo destacar o labor do seu antecesor e engadíu que é "unha auténtica honra substituír a Carlos Ares ao fronte deste extraordinario grupo de xente".

A nova xunta directiva de AGAG está integrada por Araceli Gonda Cabreira, Lidia Fraga, Jon Borja, Sarinha Gómez, Daniel D. García, Roberto G. Méndez, Xacio Baño e Alfonso Pato.
AGAG é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1997 que ten como obxectivo a representación, defensa e promoción dos intereses comúns dos seus afiliados no ámbito laboral, profesional, social e económico e a difusión cultural da profesión de guionista e a súa tarefa. Tamén é prioridade para esta organización a defensa dos dereitos de autor, dada a condición intrínseca do guionista como autor de toda obra audiovisual.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Ares, Ares, Asociación Galega de Guionistas, Alfonso Pato...