O Consello da Xunta declara BIC a colección Álvaro Gil

As 44 pezas están depositadas no Museo Provincial de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tres meses despois de que a colección Álvaro Gil voltase ao Museo de Lugo, o Consello da Xunta de Galicia completaba onte o proceso da súa declaración como Ben de Interese Cultural. O Goberno Galego acordou outorgarlle a máxima protección legal ás 44 pezas de ourivería da xoiaría pre e protohistórica do noroeste peninsular, cunha importante presenza de pezas castrexas que achegan un destacado coñecemento sobre este periodo histórico.

Na súa decisión, o Consello da Xunta contou con informes favorables da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario, do Consello da Cultura Galega e da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As xoias do tesouro dos Gil

As xoias do tesouro dos Gil

Dous especialistas comentan as principais pezas do legado de Álvaro Gil que retornou ao Museo de Lugo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, Ben de Interese Cultural, Museo de Lugo, Goberno Galego...