Premios Beiras á normalización e nova campaña de Política Lingüísitica

Normalización de Nadal

A Dirección Xeral presentou onte a súa nova campaña de promoción do galego, dirixida ó público adolescente e ós centros de ensino. Tamén onte se outorgaron os premios Manuel Beiras, convocados pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago, ás empresas que máis destacaron no emprego do galego na súa actividade.


Entre nós en galego




A Dirección Xeral escolleu para a súa nova campaña o lema "Entre nós en galego". Baixo este epígrafe preténdese prestixiar a lingua como elemento diferenciador da identidade e como vehículo de expresión, segundo sinalou o director xeral Xesús Pablo González Moreiras.












Campaña


Entre as actuacións previstas están a distribución de carteis con textos de destacados literatos en defensa da lingua. Tamén se repartirán polos centros educativos videos con filmes e reportaxes en galego cos que irán guías didácticas para facilitar o seu emprego nas clases. Ademais, realizaranse concursos de relatos, carteis, poesía e lemas entre os alumnos, e un certame para premiar as actividade de normalización nos centros.





Premio Manuel Beiras



Erica Mel, Seguridade A-1 e Xesús Couceiro foron os gñadores do premio Manuel Beiras de Normalización Lingüística que outorga o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio ás empresas que potencian o idioma. Así, Erica Mel foi pioneira no etiquetado en galego do seu producto, e Seguridde A-1 emprega o idioma en tódalas súas actuacións. Xesús Couceiro, propietario das librerías do mesmo nome, recibiu a distinción especial á dedicación de toda unha vía.