“O galego está no peor momento da historia”, denunciaba onte Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica. Baixo esta premisa a entidade presentaba a convocatoria para a manifestación que se celebrará en Compostela o vindeiro 18 de maio co lema “Polo dereito a vivirmos en galego”. Pola súa banda, Galiza Nova presentaba tamén onte a campaña “Por que lle tes medo ao galego? Atrévete”, dirixida a centros de ensino, bares e locais de ocio e que pretende concienciar a mocidade a prol da nosa lingua. Tamén son novos os preto de 2.500 escolares que se agarda pasen estes dÃas pola Festa da Lingua, no recinto feiral de VilagarcÃa. Neste evento, entre outros actos, entregaranse os premios de Literatura Infantil e Xuvenil Frei MartÃn Sarmiento.