A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, foi escolleita como mellor obra de narrativa do ano polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Canda a este traballo, os autores tamén recoñeceron a Eva Veiga como autora da mellor obra poética por A distancia do tambor, mentres Roberto Vidal Bolaño recibiu in memoriam o galardón en teatro pola edición do cuarto volume das súas Obras completas e Helena Miguélez-Carballeira se impuña na categoría de ensaio por Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego.
Canda a eles, Darío Xohan Cabana viu recoñecido o seu traballo como tradutor de A Divina Comedia de Dante Alighieri, mentres Carlos Negro se facía co premio de literatura infantil e xuvenil por Penúltimas tendencias, Montse Dopico levaba o galardón de xornalismo cultural e Ramón Nicolás o do blog literario.
Fernández Paz e Xohán Cabana son os únicos nomes que se repiten nesta listaxe a respecto dos premios literarios que outorgaron recentemente as asociacións de editores e de libreiros.
Obras gañadoras dos Premios AELG 2015
Blog literario
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás [https://cadernodacritica.wordpress.com/]
Ensaio
Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)
Literatura Infanto-Xuvenil
Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)
Xornalismo Cultural
Montse Dopico
Narrativa
A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía
A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)
Teatro
Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)
Tradución
A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)