O web Fervenzas Literarias fai públicos os seus galardóns de 2011

Agustín Fernández Paz foi escolleito mellor autor de 2011 tamén en Redelibros.es

Non hai noite tan longa foi escolleita polos lectores de Fervenzas Literarias como mellor obra de narrativa de 2011, e o seu autor, Agustín Fernández Paz, mellor autor do ano. Canda a este, déronse a coñecer os premiados en todas as categorías, destacando a presenza de Culturgal como "o mellor acontecido en 2011" e mais a mellor iniciativa literaria. Na poesía premiouse a Poesía Completa de Lois Pereiro, e en ensaio impúxose Amigos e sodomitas de Carlos Callóns

A nivel de medios de comunicación, gañou o Diario Cultural da Radio Galega, que tamén foi galardoado na categoría de obra dramática pola edición das obras do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O mellor blog foi o de Manuel Bragado, e Rinoceronte levou o premio ao mellor labor editorial. En total recibíronse 471 votacións.

Varios dos resultados coinciden coas eleccións que fixeron os usuarios da rede social Redelibros.es, que tamén galardoaron como mellor obra literaria en galego a novela de Fernández Paz e apostaron por Culturgal como mellor evento cultural. No campo do ensaio, no entanto, premiaron outra obra de Callón, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Os mellores libros do 2011 para Fervenzas Literarias
- Mellor libro de Narrativa de adultos para Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín
Fernández Paz.
- Mellor libro de poesía para Poesía completa (Xerais) de Lois Pereiro.
- Mellor libro de... Ensaio e Investigación para Amigos e sodomitas (Sotelo Blanco) de Carlos
Callón.
- Mellor libro de... Literatura dramática para o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
(Xerais) de V.V.A.A
- Mellor libro traducido ao galego para adultos para O libro negro (Galaxia) de Orhan Pamuk e
tradución de Eva Almazán.
- Mellor libro xuvenil para Febre (Xerais) de Héctor Carré.
- Mellor libro infantil para O meu gato é un poeta (Xerais) de Fran Alonso
- Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Contos por teléfono
(Kalandraka) de Gianni Rodari e traducido por Carlos Acevedo.
- Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
- Ilustrador do ano para Xosé Tomás.
- Mellor portada dun libro para adultos para Contos da terra da tarde (Galaxia)
- Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Trece noites, trece lúas (Xerais).
- Mellor editorial do 2011 Rinoceronte editora.
- Mellor crítico/a do 2011 para Ramón Nicolás.
- Mellor iniciativa literaria do 2011 para o Culturgal.
- O mellor acontecido no 2011 para o Culturgal.
- O peor acontecido no 2011 son o peche de medios de comunicación.
- Mellor Libraría do 2011 para a libraría Couceiro.
- Mellor medio de comunicación do 2011 para o Diario Cultural da CRTVG.
- Mellor blog do 2011 para Brétemas de Manuel Bragado.


Os mellores de 2011 para Redelibros

-Tradutor ou tradutora: Tuula Ahola Rissanen, por Purga
-Obra literaria en galego: Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz
-Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando Cimadevila
-Editorial galega: Urco Editora
-Libraría: Cartabón (Vigo)
Web ou proxecto 2.0: Meubook
Crítica ou crítico: Armando Requeixo
Obra non literaria en galego: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos,de Carlos Callón
-Ilustradora ou ilustrador: Iván Valladares, por O mundo secreto de Basilius Hoffman: o ladrón de soños
- Banda deseñada: Revista Retranca, de Kiko da Silva
- Obra literaria en castelán:1Q84, de Murakami
- Proxecto ou evento cultural: Culturgal
- Blogue literario: Criticalia, de Armando Requeixo