Os editores premian a Queipo, Fernández Paz e Lois Pereiro

A Asociación de Editores celebra a súa Noite da Edición

Xavier Queipo como mellor autor do 2011, a novela Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz no mellor libro de ficción ou a Poesía completa de Lois Pereiro son algúns dos premiados da Noite da Edición que anualmente celebra a Asociación de Editores Galegos e que desta volta organizouse en Compostela. Os editores tamén homenaxearon o traballo de Xesús Couceiro, propietario da libraría Couceiro en Compostela, "por toda unha vida adicada á promoción do libro e a cultura galega".

[A seguinte relación de premios está reproducida da nota orixinal]

Premiados

O Premio Francisco Fernández del Riego, Xesús Couceiro e a súa emblemática librería, por toda unha vida adicada á promoción do libro e a cultura galega.

Tralas votacións dos membros do xurado, composto por editores, escritores, ilustradores, libreiros e xornalistas, entre outros, resultaron gañadores das cinco categorías contempladas nos Premios da Edición

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2011, Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, editado por Edicións Xerais. Por ser unha ollada crítica da nosa sociedade, unha visión intelixente sobre como o pasado condiciona o noso presente, o xurado decidiu que o premio fose para

Mención especial do xurado para Centauros do Norte, de Marcos Calveiro, obra destinada ao público xuvenil, pola súa calidade.

Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do ano 2011, Obra Gráfica de Conde Corbal, de Varios, editado por Nova Galicia Edicións.

Pola calidade da edición, a posta em valor do autor e a súa obra e a escolla da documentación gráfica.

Por solicitude expresa do xurado, mención para O escano baleiro. No Caurel con Uxío Novoneyra, de Xulio Valcárcel, editada por Biblos, pola estética da linguaxe e por ofrecer unha visión persoal do autor, e para Loita de clases, a represión franquista no mar , de Dionisio Pereira, editado por Xerais, polo contributo documental e testemuñal a unha faceta pouco coñecida da ditadura franquista.

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano do ano 2011, Poesía completa. de Loís Pereiro, editado por Edicións Xerais.
Pola calidade da edición e por tratarse dunha edición literaria fiable e reunir a obra completa do poeta.

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano 2011,
Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, editado por Editorial Galaxia.
Pola súa contribución ó achegamento da poesía aos nenos mediante a fusión do texto e a música.

Por petición expresa do xurado, unha mención especial para o Apalpador e a castaña máxica , pola recuperación dunha figura da mitoloxía infantil e a orixinalidade da edición ilustrada.
Mención especial tamén para Canto de Nadal , de Charles Dikens, pola gran calidade da edición, así como pola contribución da tradución deste clásico ó corpus galego.

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do ano 2011, Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Edicións Xerais.
Pola magnífica tradución e edición crítica e pola súa contribución ao enriquecemento do galego cunha obra universal e imprescindible.

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2011, Contos por teléfono, de Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora. Pola calidade da ilustración e a súa contextualización

Mención expresa do xurado para o libro Lois Pereiro breve encontro , de Jacobo F. Serrano, de Edicións Xerais, pola calidade da ilustración e da edición.

Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ó libro educativo do ano 2011, As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo. Polo seu valor documental e a importante achega ao papel da muller galega na nosa historia contemporánea.

Mención expresa do xurado para Un cadro de Velázquez, de Claire D’Harcourt, editado por Kalandraka, pola escolla dun cadro especialmente necesitado dunha explicación didáctica e polo desenvolvemento pedagóxico e material de edición.

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011.
Xavier Queipo. Pola súa traxectoria.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do ano 2011, Transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual: Os contos do camiño e caracois.

Pola innovación que conleva e a súa contribución á difusión dos contos para nenos a través doutros