Os editores premian o traballo de Jesús Couceiro a prol da difusión da cultura

O libreiro recibirá o premio Francisco Fernández del Riego na Noite da Edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editores (AGE) acordou outorgarlle a Xesús Couceiro, fundador da Libraría Couceiro, o premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural. Os editores recoñecen o traballo que desenvolveu o premiado a prol da cultura do país, facendo do seu establecemento un referente no campo do libro galego. Ao tempo, a AGE adianta tamén que lle outorgará o premio á edición história a Andavira Editora, nada hai 25 anos como Edicións Tórculo. Os galardóns entregaranse no transcurso da Noite da Edición, que se celebrará o vindeiro 9 de marzo no Hotel Quinta da Auga de Santiago de Compostela e que presentará Iria Pinheiro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Francisco Fernández del Riego, AGE, Asociación Galega de Editores...