Os Moondog Blues Pary
Hai unha perda de valor da música en directo. A xente está no público falando entre si mentres ti tocas.
O público non só parece despistado, senón que anda un pouco a contrafío. "Nós temos a sorte de contar cun público fiel que nos enche as salas e non temos problema para que nos contraten, pero se vas ver un concerto dalgunha banda nova, sobre todo o que ves no público son outros músicos", sinala Javier. "De feito, pasounos hai pouco que nos chamaron preguntando por grupos, mencionamos o novo duns coñecidos nosos de aquí de Pontevedra, e dixéronnos que non os ían chamar porque non eran coñecidos e ademáis de Pontevedra! En plan que se son doutra localidade non funcionan".
Despiste institucional e mediático
Para Javier Prado, a problemática da música en directo ten que ver coa carencia dunha industria musical profesionalizada e do despiste institucional. "Decatámonos cando imos a Portugal, e observas que teñen todo preparado, anunciado nos medios e na rúa, toda a loxística de acomodación do artista, o público atento, e notamos unha enorme diferencia con Galicia, onde hai moitísimas carencias".
O veterano vocalista apunta outro detalle que pode ser determinante, e do que se ten falado pouco: "A música galega deu un cambio espectacular entre os 90 e a seguinte década. Falamos dun cambio exponencial, eh? Os músicos galegos na década do 2000 chegaron a un nivel de profesionalización moi alto, tiveron moita ambición, obtiveron resposta fóra…pero nin as institucións nin os medios se enteraron do que estaba acontecer e non deron resposta. Iniciativas como Galician Tunes non teñen unha significación real na sociedade, e segue a faltar moita visibilización. A min os adolescentes téñenme dito que escoitarían moita máis música galega se souberan onde atopala".
A min os adolescentes téñenme dito que escoitarían moita máis música galega se souberan onde atopala
Mover un grupo na época de Internet
A música en vivo en Galicia non vive os seus mellores momentos. Sen embargo, "o 80% das vendas de discos fanse no directo", sinala Javier Prado, para quen os concertos ao vivo son a clave económica dos grupos actuais, que se dotan de moitas máis funcións o organización que antes. "Tratamos de suplantar a desaparición das produtoras", sinala Prado, "e entón, no canto de pagar a unha axencia de management, o que facemos é reinvertímolo todo en nós mesmos".
Moondog Blues Party funciona entón como unha cooperativa con capacidade loxística para facer que o músico non se sinta un paria do espectáculo. "Facemos que o músico teña un bo hotel pagado, unha boa cea despois do concerto, disponse dunha bolsa de investimento se precisa adquirir novos instrumentos e os beneficios repártense", sinala Prado, quen destaca do sistema "que xenera máis unión e intereses compartidos dentro da banda". A banda leva case dez anos en activo, o cal revela que a fórmula parece funcionar. Prado levou a ela a experiencia precedente.
"O máis importante é o ensaio", sinala o músico cando reflexiona sobre como aprender dos erros e acertos do pasado para sobrevivir no presente. "Ten que haber horas de compromiso persoal, periódicas, semanais, que fagan ver que o grupo avanza. Hai que ter moitísimas horas de traballo de ensaio para chegar a un concerto en condicións". Prado conclúe: "hai moitos grupos que convirten o ensaio nunha festa, pero o ensaio é outra cousa".
Pode ser a exportación, os concertos no exterior, unha alternativa para estes grupos emerxentes? Prado pon a súa veteranía sobre a mesa: "saír fóra é un paso moi grande para unha banda, ten que estar nunha fase moi madura, e iso é difícil se non atopas quen te produza e te leve a ese nivel".
Como acabarán por repercutir estas baixas cifras de asistentes nunha época na que os grupos máis precisan os concertos para financiarse? O escenario para o futuro aínda está por se definir.



