O sitio lingua.gal divulga materiais didácticos sobre Filgueira Valverde

A Xunta pon a disposición dos estudantes varios recursos sobre o legado do escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Filgueira Valverde

Filgueira Valverde

O público pode acceder en rede á obra do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Filgueira Valverde, a través do sitio lingua.gal. Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación pretende difundir e divulgar os traballos que, con motivo do 17 de maio, realizan os centros educativos e os equipos de dinamización da lingua galega. Tamén quere converter este sitio web nunha ferramenta a disposición do profesorado para dar a coñecer nas aulas o legado de Filgueira Valverde.

Os materiais aos que se pode acceder en rede inclúen unha biografía do autor homenaxeado polas Letras Galegas; as unidades didácticas e carteis en formato dixital das exposicións Traballando co vello profesor e Filgueira rima con Armenteira, gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015.

Tamén se poden consultar diversos documentos, case todos interactivos, elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega para difundir a obra de Filgueira e ligazóns e recursos de interese, como o sitio web do Consello da Cultura Galega e a Fundación Filgueira Valverde.

Xunto con estos documentos tamén se pode acceder á lista dos autores homenaxeados nos 52 anos de celebración do Día das Letras.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Educación, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...