Gonzalo Veloso presenta o documental Contextualizando a Filgueira Valverde

Esta película achega ao espectador ao protagonista das Letras Galegas 2015

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Gonzalo Veloso presenta o documental Contextualizando a Filgueira Valverde

A poucos días de celebrar o Día das Letras Galegas Gonzalo Veloso presenta no web da Consellería de Cultura o documental online Contextualizando a Filgueira Valverde, un traballo divulgativo sobre a figura de Filgueira Valverde, realizado a partir de material de arquivo e conversas entre amigos, familiares, especialistas e investigadores.

Filgueira Valverde é o protagonista deste documental realizado por Gonzalo E. Veloso con diversas imaxes de arquivo, tanto fotográficas como audiovisuais, que crean unha atmosfera que serve de contexto para que as voces dos participantes modelen ao homenaxeado este ano polo Día Das Letras Galegas, Filgueira Valverde.

A montaxe permite que sexa o espectador o que compoña ao personaxe gracias ao ton da película distentido e ás intervencións espontáneas dos participantes.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universo Filgueira

Universo Filgueira

O CCG presenta un especial do Día das Letras Galegas en homenaxe ao polígrafo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Día das Letras Galegas, Consellería de Cultura