A Universidade de Santiago súmase á homenaxe a Filgueira Valverde

Darío Villanueva e Xesús Alonso Montero colaboran no libro da institución académica

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

Co galo do día das Letras Galegas deste ano a Universidade de Santiago, a través do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC), publica Día das Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde. Unha coidada edición coordinada por Anxo Tarrío e con ilustracións de Antón Pulido para recoñecer as producións nas diferentes ramas do saber de Xosé Filgueira Valverde. Este volume conta coa colaboración do director da Real Academia Española, Darío Villanueva, onde reflexiona sobre a figura de Filgueira Valverde como universitario compostelán. Tamén Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Gallega e membro do Consello da Cultura Galega, afonda na faceta cultural do homenaxeado este ano no Día das letras Galegas.

Esta obra, que contén unha escolma de ensaios na prensa escrita, conta con outros recoñecidos colaboradores como Carlos Villanueva, Fernando Acuña, Isabel Mociño, Luis Cochón e Arcadio López-Casanova. Todos eles analizan a ampla traxectoria vital de Filgueira Valverde así como a diversidade e amplitude das súas creacións dende a súas achegas á arqueoloxía galaica aos seus ensaios.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Xesús Alonso Montero, Darío Villanueva, Xosé Filgueira Valverde...