Alonso Montero explora a "biografía intelectual" de Filgueira Valverde

Xerais presenta aos medios unha biografía do polígrafo pontevedrés

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Alonso Montero explora a "biografía intelectual" de Filgueira Valverde

Edicións Xerais presentará aos medios o xoves 16, ás 12:30, en Pontevedra na Galería Sargadelos o libro "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual", escrito por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. A achega de Alonso Montero á figura de Filgueira Valverde é unha aproximación ao que denomina "o último polígrafo", versado en moitos saberes humanísticos, dos que cómpre "salientar a rica e caudalosa bibliografía, os seus estudos literarios". "Nesta biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista", sinálase na nota editorial.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

No adro con Don Xosé

No adro con Don Xosé

Percorremos os saberes enciclopédicos de Filgueira Valverde da man de Carlos Valle

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Filgueira Valverde, Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde, Guerra Civil...