Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga gañan os Premios da Crítica literaria en galego

Miguel Anxo Murado e Laiovento premiados pola Fundación do Pedrón de Ouro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Española de Críticos Literarios acaba de conceder en Pontevedra os Premios da Crítica en poesía e narrativa en galego a Gonzalo Hermo con Celebración (editorial Apiario) e Xabier Quiroga por Zapatillas Rotas (Xerais). Por outra parte, A editorial Laiovento e o escritor e xornalista Miguel Anxo Murado recibirán este ano o Pedrón de Ouro e o Pedrón de Honra, respectivamente. Estes premios, que recoñecen a defensa e promoción das diversas facetas da cultura galega, entregaránse o vindeiro 31 de maio na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Esta nova edición do Premio Nacional da Crítica no apartado de lingua galega recoñece como o mellor libro de narrativa a obra Zapatillas Rotas de Xabier Quiroga, unha publicación sobre a busca da identidade protagonizada por un ancián que foxe dun xeriátrico. Pola contra a obra galardoada no apartado de poesía en galego foi Celebración de Gonzalo Hermo, un poemario sobre o paso do tempo.

Por outra parte os premios do Pedrón de Ouro recoñecen a contribución de Edicións Laiovento á normalización cultural e política de Galicia, así como a calidade estética dos libros de creación e o rigor científico dos de investigación, que caracterizan os máis de 400 títulos publicados nos seus 25 anos de existencia. Tamén este galardón recoñece o traballo de Miguel Anxo Murado pola difusión do nome de Galicia nos lugares nos que desenvolve o seu labor profesional.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Hermo, Miguel Anxo Murado, Ouro, Laiovento...