Cans recoñece a Javier Gutiérrez co seu Pedigree

A XII edición do festival do Porriño celebrarase entre o 20 e o 23 de maio

17/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

A asociación Arela, que organiza cada ano o Festival de Cans, acordou homenaxear co seu premio Pedigree o actor Javier Gutiérrez en "recoñecemento á súa traxectoria e tamén á súa constante capacidade de traballo". Ademais, outorgoulle os galardóns Pepe Puime, antigos Chimpíns de Prata, ao director Alfonso Zarauza pola "gratitude a lealdade que o cineasta lle amosa ano tras ano ao festival", e mais ao carpinteiro e veciño de Cans Juan Maceira como un agradecemento á súa implicación continua na organización do evento.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A XII edición do festival, que se celebrará entre o 20 e o 23 de maio, recibiu un total de 184 producións que aspiran a participar. A cifra, que continúa a tendencia ascendente do festival, repártese entre 89 curtas de ficción, 7 de animación 63 videoclips e 26 doutros xéneros.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Porriño, Alfonso Zarauza, Festival de Cans...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares