Poucos dÃas depois de anunciar os orzamentos das súas liñas de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais comezou a realizas as correspondentes convocatorias. O Diario Oficial de Galicia do pasado venres recollÃa a liña de axudas a festivais, dotada con 210.000 euros para eventos dedicados á música e 160.000 para os de artes escénicas. O prazo de presentación para os interesados remata o vindeiro 27 de marzo.
Pola súa banda, as axudas dedicadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega aparecen recollidas no DOG de hoxe cunha dotación de 185.000 euros. A liña apoia a realización de longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, miniseries de ficción, series de animación e programas pilotos, e está aberta durante un mes a partir de mañá, 3 de marzo.