O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais deu a coñecer o pasado venres a contÃa de tres das liñas de investimento que mantén en industrias culturais. En concreto trátanse das axudas destinadas á produción escénica, aos festivais de artes escénicas e de música e mais ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
A partida orientada á posta en marcha de novas creacións de teatro, monicreques, danza, maxia ou novo circo manterá a contÃa de 600.000 euros coa que contaba o pasado ano. Pola súa banda, as orientadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega sube 10.000 euros e chega aos 185.000, mentres que no caso dos festivais, destinaranse 210.000 euros aos de música e 160.000 aos de artes escénicas, que tamén suben o seu orzamento en 10.000 euros.