O Torrente Ballester fotógrafo volta a Compostela

A fundación do escritor abre unha mostra centrada neste aspecto da súa creación

2/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A sede da Fundación Torrente Ballester en Compostela acolle na tarde de mañá a inauguración de GTB fotógrafo. Outra mirada. A mostra achega unha selección de sesenta instantáneas que comparten ambientación coas súas obras literarias e que xa se poidera ver en diferentes mostras, canda a novas imaxes nas que o autor traballou temas clásicos da fotografía. O proxecto é o resultado do traballo de dúas alumnas en prácticas de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Lucía Alcaina e Begoña Álvarez, foron coordinadas polo xerente da Fundación, Miguel Fernández-Cid.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Fernández, Miguel Fernández-Cid, Fotografía, Clásicos...