Trece temas nos que os ritmos tradicionais galegos atópanse con percusións doutros lugares do mundo. Esta é a proposta que fai o grupo vigués Pelepau no seu primeiro álbum, FÃo e agulla. O conxunto de doce percusionistas, nado en 2010, lanza da man de Inquedanzas Sonoras esta proposta, na que amosa o seu bo facer a explorar novos terreos para os instrumentos de sempre. A Repichoca acolle na Coruña o vindeiro concerto de presentación do proxecto na noite do 27 de febreiro.