Quodlibet lanza A cor do son

O dúo continúa a explorar a mestura de gaita e piano no seu segundo álbum

9/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un concerto no Teatro Principal de Pontevedra presentaba o pasado 15 de marzo o segundo álbum do dúo Quodlibet. A seguir a traxectoria iniciada co seu primeiro disco, A cor do son o grupo explora a conexión entre gaita e piano a partir de pezas tradicionais. Así, a Rumba de Estribela, a Danza de espadas de Cantoarea ou Eu de Marín ausenteime atopan novos aires na fusión destes instrumentos. As vindeiras citas para presentar o volume ao vivo son Valga, o vindeiro 21 de abril, e o Casino de Pontevedra, o 28.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Danza, Teatro, Teatro Principal de Pontevedra...

Claves

Conceptos