Pontevedra acolle o primeiro encontro sobre música contemporanea para gaita

Celebrarase o vindeiro venres 28 de novembro

17/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Musgafol é o título do concerto que amosará, o vindeiro venres 28 de novembro, as posibilidades da gaita de fol para interpretar música contemporánea en compañía do piano. Este evento, que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra, contará coa presenza de nomes coma Óscar Ibáñez, Pablo de Vigo, Olalla Bouzas, Agustín Sánchez ou David Bellas entre outros. As actuacións gravaranse para a posterior edición dun CD deste concerto. Con esta inciativa quérese reivindicar as composicións realizadas especificamente para a gaita no século XXI no marco da música académica.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Teatro, Teatro Principal de Pontevedra, Vigo...