Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita

O prestixioso galardón entrégase no marco do Festival de Lorient

9/8/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Se a edición desde ano do Festival de Lorient non tiña abonda presenza galega, catro galegos coparon os primeiros postos no prestixioso trofeo Mac Crimmon de gaita, na categoría de gaita galega e asturiana. O gaiteiro Pedro Álvarez Fariña foi o gañador desta edición do premio, antes coñecido como Mc Callan. Jesús Sánchez, Raúl Lacilla e Pablo Dalama completan o palmarés do país. Canda a eles, o noso país conta cun posto de 200 metros cadrados no evento, no que se celebrarán concertos de Ophiusa, Cantata Vernácula e Suso Ascariz. O concerto de Luz Casal, hoxe, canda ao de Carlos Núñez e Ialma, entre outros, completan a presenza galega no evento.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Casal, Carlos Núñez, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)