Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient

É o gaiteiro máis laureado deste ano

6/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O 2008 é o ano de Pablo Devigo (Castro Caldelas, 1990). Principalmente porque este gaiteiro de 18 anos foi o gañador dos festivais de gaita de Bandeira, A Estrada, o Manuel Villanueva de Poio e o de composición organizado polo concello de Ferrol e que leva o nome de "Constantino Bellón" . O último premio que acaba de sumar engadir ao seu palmarés é o trofeo McCrimmon na modalidade de “gaita” (existe tamén a de “gaita escocesa”) que se concede no marco do Festival de Lorient.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Villanueva, Poio, Castro Caldelas, Concello de Ferrol...