Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón

Raquel García fíxose co Gaiteiro de Soutelo, dirixido á Galicia Exterior

2/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Está a amosar ser un dos gaiteiros máis importantes do país. Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, impúxose por cuarta ocasión no Premio Constantino Bellón de gaita, dotado con 3.000 euros. Canda a el, Raquel García, desde Valencia, acadou o premio Gaiteiro de Soutelo, dirixido á Galicia Exterior. O lucense Daniel Fernández López e o vasco Daniel Lumbreras obtiveron cadanseu accésit na gala que se celebrou o pasado sábado no Teatro Jofre de Ferrol Canda a estes galardóns, o Ateneo Ferrolán fallou tamén o premio para composicións para a gaita, que foi para a peza Fantasía concertante para gaita e banda de Daniel Romar.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/08/2002

Dúas gaitas de Bellón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Teatro, Ateneo Ferrolán, Teatro Jofre de Ferrol...