Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional

Ferrol énchese de gaitas

3/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os cinco finalistas do premio Constantino Bellón, convocado polo Ateneo Ferrolán, tiveron que interpretar este venres pasado no Teatro Jofre de Ferrol dúas pezas, unha composta por Iván Costa e outra da súa propia creación. Ao final, o xurado escolleu ao gaiteiro da Fonsagrada Brais Monxardín como gañador da edición anual deste prestixioso certame. Monxardín levará un premio de 3.000 euros. O xurado tamén concedeu dous accésit: un para Daniel Lumbreras, procedente de San Sebastián, e outro para Pablo de Vigo.

Sobre o Premio Constantino Bellón na nosa hemeroteca; a noticia no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ateneo Ferrolán, Teatro Jofre de Ferrol, Culturagalega...