Preséntanse as novidades do concurso Constantino Bellón e o disco coas gravacións da edición do 2006

Novidades de Bellón

13/7/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
O presidente do Ateneo Ferrolán, Eliseo Zaera, e o organizador do certame de gaita Constantino Bellón, Víctor Gabeiras, presentaron as novidades da edición 2007 deste consolidado concurso de gaiteiros e o disco dobre que recolle as interpretacións do ano pasado. Un dos compactos leva a gravación en directo das catro pezas que gañaron o concurso de composición e o outro leva as interpretacións do concurso de solistas gañado por Daniel Bellón. O disco ten unha tiraxe de un milleiro de exemplares que se poñerán á venda e se distribuirán por ateneos e centros galegos no exterior. A décimo sétima edición do certame trae como novidade un aumento importante dos premios en metálico grazas ao apoio conseguido por parte da Consellaría de Cultura, a deputación da Coruña e o Concello de Ferrol.

Máis información no Diario de Ferrol
e sobre as bases do XVII Concurso Constantino Bellón

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/08/2002

Dúas gaitas de Bellón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Ateneo Ferrolán, Concello de Ferrol