Dúas gaitas de Bellón

6/8/2002 | | Seccións: Música
Compartir:
O Ateneo ferrolán concedeu as mencións honoríficas de Gaita de Ouro e Gaita de Prata ó artesán José López bao e ó Orfeón Terra Nosa respectivamente. Estes premios outórganse tódolos anos coincidindo co concurso de Gaita Galega Constantino Bellón, e teñen como obxectivo o recoñecemento honorífico de a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega. A través dun comunicado o Ateneo fixo pública a lista dos dez finalistas que o videiro día 31 de agosto competirán polo permio do XII Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón. No certame participarán seis gaiteiros na categoría "Constantino Bellón" e outros catro na categoría "Gaiteiro de Soutelo", dedicado a gaiteiros das comunidades galegas no exterior.

Máis información en Ateneo ferrolán ; Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ateneo Ferrolán, Ouro

Claves

Entidades
Conceptos