O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”

A entrega farase o domingo 31 na final do Concurso de Gaita Galega de interpretación

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O Ateneo Ferrolán decidiu conceder a Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ao programa da TVG “ALALÁ” pola súa labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O acordo tomado en Xunta Directiva polo xurado dos prestixiosos premios de gaita recoñece así a este programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar García Rego que xa ten no seu haber outros importantes premio como o galardón ao mellor programa de Tradición musical outorgado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión en 2007 e o Premio Galicia Comunicación da Xunta no mesmo ano. A entrega do premio terá lugar o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dúas gaitas de Bellón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, TVG, Pilar García Rego, Pilar García Rego...